Publicidad:
La Coctelera

Fifteen minutes with you...

(oh well, I wouldn´t say no)

12 Julio 2007

O Yago is dead: God Save the Yago!!!

Sempre nos quedará a NASA


Un dos teatros máis emblemáticos de Compostela, a Sala Yago,
acaba de fechar as súas portas. Premiado co Max de Teatro á mellor sala
alternativa de 2003, o Yago destacou pola súa programación plural e
independente, que o levou a acoller non só representacións das compañías máis
novas a nivel galego, estatal e internacional: monicreques, teatro infantil e
cinema en versión orixinal eran as señas de identidade deste espazo que agora
deixará un oco difícil de encher na vida cultural da cidade. Se queredes máis información, premede sobre a nova de Vieiros ou a d'A Peneira.

Cineclube Compostela. El acolleute durante moitos anos. Lémbrome das tardes pasadas entre
as súas paredes, do tacto frío e pegañento pero entrañable da humidade callando
os meus ósos, o arrecendo a vello e a familiar baixo un filme de Vigo ou de J.L.
Godard, as lámpadas de araña ameazantes e os chanzos postos adrede para caeres,
o palco en costa ó nivel da pantalla, o mellor sitio para ver a proxección, as
escaleiras de palacio, os teitos altísimos, as baldaquinos e os aducíos nunca
antes vistos…

O Yago era o típico teatro de verdade que xa non se atopa en
cidades de tanta tradición cultural como Auria, afogada polas multinacionais do
téxtil – véxase Inditex, que abriu un templo de Zara no antigo Teatro Losada-
ou da exhibición cinematográfica – os Lauren Multicines, que arrasaron coas
poucas grandes salas que existían, verbi gratia o Xesteira-. O Yago era o
espazo bohemio que te atopabas nunha cidade universitaria por antonomasia como
Santiago, Sant-Yago, incómodo pero entrañable, co encanto do vello e marmóreo,
que superaba todo o demais. Pequeno gran dinosaurio, feo e mal iluminado, pero
acolledor e hospitalario, era como o
estudiante veterano que saca de parranda ós novatos, taimado, teimudo, pero tamén
tenro, trouleiro... ta-ta-ta, o ruído do proxector e o celuloide en 35 mm., Chaplin
pegando brincos co seu caxato sobreimpresionado na infinita, inabarcable parede
blanca, sobre (súper)-impresionados os estudiantes nas súas butaquiñas, de
todas partes de Galiza, sen cartos, con eles, ben vestidos, mal vestidos, de
hippies, ó bohemio, locais, globais, erasmus, orgasmos, comprometidos,
libidinosos, culturetas, politicastros, admiradores de Fidel (C…), eclécticos,
excéntricos, “esquisitos”, lusistas, antilusistas, proterroristas e apolíticos,
apolíneos e dionisíacos, polígamos e polisacáridos, estudiantes de Física,
Química e Bioloxía, filólogos aspirantes ó paro e historiadores das artes e o
cinema ávidos de emocións fortes… A variada fauna estudiantil e pseudointelectual
de Santiago bailando entre as súas catro frías pero maternais –
fraternais?-paredes. Lembro o filme que visionei alí, levado polos compañeiros
de clase – Juha, de Aki Kaurismäki. Lembro todas as proxeccións posteriores, o
ritual de quedar, a espera na porta da sala, co “marco incomparable” ou, mellor, contorno máxico de pedra da rúa do


Vilar, as conversas antes e despois da película, a promesa de quedar para vindeiros pases… Por todo iso e por máis,
prego unha balada punk pola súa alma: o
santo Yago descanse en paz.


Adicado ós compañeiros de teatro: Félix, Fátima, María, Iago... a Esther e a todos os que pisaron esta sala ou calquer outra e, por suposto, se emocionaron entre os seus muros...

servido por mozzer 5 comentarios compártelo

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

juanjo

juanjo dijo

Vasnos facer chorar, tío.

Descanse en paz. A verdade é que non coñezo nin unha soa sala do mundo que non aguante con Millóns en Subvencións.

(Xa non digo nada aqui en Ourense... Sala Caritel (Serxio Pazos, nos 90s)

Creo que o modelo polo que apostamos xa hai tempo é Hostelería+Cultura, e eso si que (ás veces) paga-a-pena-ou-alegría

O do ambiente cultural non mantén os alugueiros, é?

Saúdos

13 Julio 2007 | 12:12 PM

mozzer

mozzer dijo

Ola, Juanjo!!! Pois a verdade é que si, é que me saiu un post máis ben morriñento, pero é coherente co ton xeral deste blogue, máis ben nostálxico-decadente... todas as entradas van nesa dirección, e podo dicirche que de agora en adiante lembrando lugares emblemáticos de Sant-Iago, que para iso estudiei alí seis anos, e deixoume marcado...

O peso da memoria é demasiado

Saúdos meu

P.D.: Eu tampouco coñezo ningunha sala sen subvención... bueno, a Caritel a verdade non a cheguei a coñecer, pero polo que lexo por aí, en todas partes de Galiza está a ocorrer o mesmo, a industria do téxtil e en particular Zara está tragándose os teatros... e a "zara" Yago tamén... hehehe (rir por non chorar)

13 Julio 2007 | 01:04 PM

mozzer

mozzer dijo

Ola, Juanjo!!! Pois a verdade é que si, é que me saiu un post máis ben morriñento, pero é coherente co ton xeral deste blogue, máis ben nostálxico-decadente... todas as entradas van nesa dirección, e podo dicirche que de agora en adiante lembrando lugares emblemáticos de Sant-Iago, que para iso estudiei alí seis anos, e deixoume marcado...

O peso da memoria é demasiado

Saúdos meu

P.D.: Eu tampouco coñezo ningunha sala sen subvención... bueno, a Caritel a verdade non a cheguei a coñecer, pero polo que lexo por aí, en todas partes de Galiza está a ocorrer o mesmo, a industria do téxtil e en particular Zara está tragándose os teatros... e a "zara" Yago tamén... hehehe (rir por non chorar)

13 Julio 2007 | 01:04 PM

monikinha

monikinha dijo

Ai, acabo de recordar a cara de parvos que se nos quedou aos alevíns entre esas paredes do Yago das que falabas cando fomos ver a peli aquela de Aki Kaurismäki. Cousas daquelas xornadas Galicia-Finlandia de primeiro de carreiro. Dado que o estupor e o alborozo tamén son emocións inclúome entre os que se emocionaron dentro desta sala ¡se cheguei a chorar de risa cando baixabamos as escaleiras do teatro!

Coido que a última vez que pisei a Sala Yago foi contigo. ¿Fomos ver unha película relacionada coa Guerra Civil? E logo poñían algo máis... Ai, xa non me acordo ben...

Pois iso, que con non ser unha asidua ao Yago tamén teño algún recordiño alí.

Un bico, Jorge

PD: Iso de que queiras que che escriban moito no fotolog está ben pero ¿como o van facer se enches ti 18 dos 20 comentarios permitidos? En calquera caso a min nin me vai nin me ven, dende que Fotolog me discriman por non ser fotologueira...

20 Julio 2007 | 02:55 PM

mozzer

mozzer dijo

Qué razón tienes! Eran las jornadas Galicia-Finlandia, y qué bien lo pasamos! Yo también me quedé mudo con esa pelúcla, no pienses que me tiro el pegote... Me acuerdo como tú de reírme mucho con Juan, despotricando como siempre, y con la risa contagiosa de Susana... estábamos todos! No sigo porque me pongo morriñento... Eran los primeros días de la carrera, habíamos ido a ver al ex presidente de Uruguay, Sanguinetti, entre otras cosas, no parábamos!!!

Y sí, creo que la última vez que pisé el Yago yo también pudo ser contigo, y era un peli sobre la Guerra Civil, pero seguramente me dormiría... :D pobres estudiantes!!!

Bueno, un biko!!! Ya te escribo!!!

21 Julio 2007 | 02:48 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de mozzer

Fifteen minutes with you...

ver perfil »
contacto »
Éste es un blog para románticos e ingenuos, es decir, para lo peorcito de esta sociedad. Sé que quedamos pocos, pero venceremos (aunque sea una victoria poética). Para indecentes, perturbados, ególatras y sociópatas como yo, es decir, los últimos pero los primeros. Éste es también un blog provisional, mientras no maneje todas las posibilidades de la herramienta y mientras no encuentre una ubicación mejor. Esto tiene que ser como una casa, y si no estamos cómodos, nos mudamos...

Fotos

mozzer todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera