Las dos caras opuestas del "Progreso" y la Economía en la actualidad (II): Economía socialista: "Ourense recibe a Cuba"
Cúmprense 50 anos da Revolución que derrocou a Batista e instaurou o socialismo en Cuba. Tres anos despois da última aparición pública de Fidel Castro na escena política do país, e cun VI Congreso do Partido Comunista prorrogado indefinidamente polo seu irmán Raúl, cérnense sobre a illa tropical un cúmulo de interrogantes cara ao futuro: negros neboeiros, como a crise económica internacional, agravada polo sempiterno bloqueo estadounidense, e a incerteza do relevo político, ante a desaparición progresiva da xeración que liderou a revolución; ó mesmo tempo que se albiscan claros de esperanza, entre eles a tímida apertura do Executivo de Obama, ou as alianzas con outros países da esfera socialista. Sendo verdade que se atopa nun intre difícil da súa historia, tamén é certo que das poucas democracias socialistas no mundo, Cuba segue sendo, tras medio século, “libre” e “revolucionaria”. As mocidades afíns á ideoloxía comunista espalladas por todo o mundo seguen téndoa como referente.
CUBA, NA ENCRUCILLADA, 50 ANOS DESPOIS

Por que Cuba segue fascinando ás novas xeracións, tras medio século de revolución socialista? Tamén nas sociedades occidentais, con produccións culturais relativas á historia pasada e presente da illa: este ano, sin ir máis lonxe, o premio a Benicio del Toro pola súa interpretación do guerrilleiro arxentinocubano no filme “Che”, de Steven Soderbergh, que aborda a recreación do proceso revolucionario cubano, documentais como “Fidelity”, ou longametraxes como “Miel para Oshun”, sen contar as múltiples exposicións fotográficas e pictóricas en torno a Ernesto Che Guevara, Fidel Castro e demais heroes da revolución. En enero abriuse un novo capítulo, o 50ª aniversario da entrada en La Habana, e a instauración do novo réxime de cariz popular, que inaugurou toda unha serie de actos conmemorativos por parte do goberno cubano e o Partido Comunista neste ano, e que tivo os seus froitos tamén en Galicia. Por exemplo, a participación de Alejandro Fuentes, cónsul de Cuba no país, en diversos relatorios, entre eles o que tivo lugar en Ourense o pasado 28 de xullo, organizado por Xuventudes Comunistas Galegas, 56 anos despois do histórico asalto ó cuartel da Moncada, prólogo da Revolución, un 26 de xullo de 1959.

O café Grándola, ubicado na emblemática “Rúa da Liberdade” do casco vello da cidade auriense, acolleu un acto conmemorativo dos cincuenta anos da Revolución, baixo o lema de “¡Aquí no se rinde nadie, carajo!”. Esta celebración non foi un acto illado, pois tivo o seu equivalente en Santiago de Compostela. Coa intervención do cónsul xeral, representantes das xuventudes comunistas e “heroes” galegos octoxenarios, así como coa interacción constante do público, buscábase facer unha radiografía das cinco décadas de revolución lembrando algúns dos momentos más significativos e analizando a situación presente e futura da illa. Para lograr este obxectivo, realizáronse varias proxeccións de diferentes arquivos audiovisuais cos que ilustrar toda a traxectoria da Revolución Socialista. Despois das proxeccións, veu a charla coloquio, a cargo de Alejandro Fuentes, cónsul general de la República de Cuba; Jon Sáez e Iria Piñeiro, membros da Brigada de Solidariedade Internacionalista con Cuba da Unión de Juventudes Comunistas de España (UJCE).

Alejandro Fuentes, cónsul general de la República de Cuba; acompañado, a esquerda e dereita, por Jon Sáez e Iria Piñeiro, membros da Brigada de Solidariedade Internacionalista con Cuba da Unión de Juventudes Comunistas de España (UJCE).
A iniciativa xurdiu desde “a ambición de fomentar o diálogo e satisfacer as curiosidades dos asistentes, aproveitando a comparecencia de Alejandro Fuentes”, ó que, desde Xuventudes, definen como "un dos maiores coñecedores da materia, cunha grande capacidade expresiva, capaz de recrear perfectamente o significado da Revolución de Cuba". O repaso da historia cubana serviu tamén para homenaxear a figura de destacados militantes comunistas galegos, que viviron de primeira man o momento histórico, e tampouco quixeron deixar pasa-la ocasión para tratar "as grandes mentiras que se din sobre Cuba". Daniel Calles, membro do Partido, apunta como algunhas destas supostas manipulacións "que se diga que non hai eleccións libres e democráticas, ou o tratamento aos emigrantes cubanos, dos que sempre se di que veñen fuxindo do réximen castrista". Na rolda de preguntas, con forte presencia xuvenil, vivíronse encendidos alegacións do réxime cubano, ó tempo que cuestionamentos das contradicións existentes, que veñen a ilustrar a diverxencia de sensibilidades e opinións sobor do rumbo futuro da política cubana, convivintes en harmónica dialéctica.

Moitos pregúntanse pola continuidade da revolución nun momento en que Fidel está retirado da vida pública por enfermidade, e falta un liderado forte fóra dos líderes lonxevos ou “baróns” do partido: “Quen di que a revolución está acabada, equivócase”, afirma con rotundidade Jon Sáez, responsable de estudantes de Xuventudes Comunistas Galegas (XCG). “Evidentemente non coñecemos o futuro, pero a fase actual da revolución é claramente expansiva. O modelo socialista está a calar en moitos dos novos gobernos esquerdistas de América Latina, e Cuba superou moi exitosamente a etapa de máis de 10 anos de completo illamento internacional. O relevo de persoeiros visibles non opinamos que sexa tan importante, o socialismo non precisa de ídolos nin caudillos. A elaboración socialista depende de milleiros de persoas que traballan polo desenvolvemento do país nunha lóxica revolucionaria; aínda que certos persoeiros poden ser referentes importantes, non son indispensables para a supervivencia do réxime. O esencial aos nosos ollos é que as ideas revolucionarias están d
e plena actualidade”. A este rexurdir das ideas socialistas e utópicas débese en gran parte, aseguran dende Xuventudes Comunistas, a actual crise do modelo liberalista económico, que tan desastrosos efectos está tendo para toda unha xeración de mozos. “Hoxe en día, existe un gran cuestionamento do capitalismo mesiánico que imperou nos últimos 18 anos. As respostas a estes problemas atópanse na racionalización dos recursos e na universalización da riqueza existente, principios esenciais que definen ao socialismo”, sigue Sergio Couto, secretario político de XCG. Ademais as alianzas cos demais estados da esfera socialista e non socialista, amén da tímida reapertura das relacións diplomáticas con Estados Unidos, con xestos como o peche de Guantánamo, os novos visados concedidos, ou a retirada de certas restricións do bloqueo, permitirían vaticinar un espazo político moito máis favorable, de non existir unha terrible crise económica, unha crise que está a afectar a Cuba de forma bastante distinta que ao noso país. A Cuba o que máis lle afecta é a posible merma nas inversións dos seus países aliados por mor da caída no prezo do barril de petróleo e o descenso nas remesas dos emigrantes debido á crise nos países nos que están afincados”, afirman en XCG. O certo é que haberá que esperar quizais á celebración dun novo congreso e ó desenvolvemento da crise para ver como evoluciona o rumbo dunha nación que ocupa o posto número 51 no índice de desenvolvemento humano, cun sistema educativo e sanitario envexables. Sen dúbida sensibilidades e formulacións diferentes de democracia que cabe ter en conta, coas súas distancias, neste contexto de crise histórica do modelo capitalista.


Os heroes galegos da Revolución, en pé tralo acto: tres expresións moi distintas, de dereita a esquerda: a seriedade e gravidade, o riso e a euforia, e o sorriso contido de sabedoría e satisfacción.
!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->![endif]-->


TERESA santomil gonzalez dijo
¡ hay, Cuba, cuba ! Cantas revirivoltas o cabo de tantos anos
sigue estando vixente como o primeiro dia
mira levo 55 e cinco anos sin falar a nosa lengua nin escribila sei
e vexome por aqui falar con moitos paisanos e vou entendendo
ven,,, pillarei cousiñas tuas para aprender a facer millor as cousas
teño que poñerme o dia
2 Octubre 2009 | 10:49 PM