Publicidad:
Terra
La Coctelera

Fifteen minutes with you...

(oh well, I wouldn´t say no)

14 Octubre 2009

Parabéns, Carlinhos!!!!!!!

(texto aparecido por primeira vez no meu fotolog, http://www.fotolog.com/mr_m0z/85615217, como homenaxe a Carlos Manuel Callón Torres, amigo e presidente da MESA pola Normalización Lingüística)

No principio de TODO estaba Carlos… Despois foron os planetas, as estrelas e o po interestelar…

( Non, agora en serio. xD)


Digo que ó principio de todo estaba el, ó principio da miña existencia “consciente”, da miña existencia de home “adulto” e responsábel, que cecais non é tan adulto nin tan responsábel, pero comezou neses anos a ter os primeiros dilemas como tal, os anos universitarios, o primeiro amor non correspondido e os primeiros complacidos, as primeiras fortes amizades, o primeiro compromiso intelectual e político… Daquela comezaba eu a miña etapa universitaria en Compostela, e o primeiro día, o día que empezou todo, dese primeiro ano da nova era, 2000, el estaba alí, e foi o primeiro… a primeira persoa que vin nada máis chegar á miña residencia, aquel Burgo das Nacións das miñas entrañas… E podo dicir, sen temor a equivocarme, que “estiven no cuarto de Carlos Callón”. A min non me satisfacía o meu (xa entón comezaba a miña eterna insatisfacción), e un rapaz ofrecía un cambio, polo que, ese mesmo día primeiro, petei na súa porta e tras dela apareceu el, todo sorrinte, esa boca branquísima e esa mirada resplandecente, chea de luz… Regalando a súa amabilidade, como sempre que o vin, a completos descoñecidos… Ensinoume pacientemente o cuarto, díxome que mo pensara, e ese foi o meu primeiro contacto con el, alguén do que descoñecía a súa enorme responsabilidade, a pesar dos seus escasos anos, como membro da MESA (da Normalización Lingüística), como presidente dous anos despois. Pero o meu contacto non rematou alí, senón que Carlinhos pasou a formar parte da paisaxe física e sentimental da vella e bela Campus Stellae… eu non volvín ó seu cuarto, porque conformeime co meu (que logo sabería que era un MOI BO cuarto), pero non tardei en velo, tres días despois, da man do seu mozo, no comedor da miña residencia… E saudoume, espetándome un “Ola que tal” tan descarado, tan espontáneo e tan “normal”, coa súa dentadura tan branca, coa súa mirada tan clara e o seu sorriso aceso e tan resplandecente, tan cheo de enerxía, que parecía que che ía estourar nos ollos de tanta luz… Eu nunca vira dous homes agarrados da man… Nunca o vira, e foi coma un shock para min…Dende entón Carlos é como un referente no meu horizonte biográfico-político-sentimental… Un referente de “normalidade”, esa normalidade “fresca”, descarada, desafiante á vez que pacífica, depende da mirada de quen a estea espreitando… Un referente de “normalización” non só no terreo da nosa minorizada lingua, senón das identidades sexuais tamén minorizadas… Aínda me lembro daquel episodio desafortunado no que Carlos acabou detido e levado a comisaría por mor de dous policías homófobos… Non calou, e a súa denuncia saíu nos xornais… Prendérono unhas horas tan só por ir da man do seu mozo… Por ir da man do seu mozo pola rúa libre e felizmente, como tantas outras veces o vira, por desafiar o mundo coa súa “normalidade”, a de todos, por reivindicala e facer uso libre e pleno dela, sen medos, sen vergoñas, claro e resplandecente como sempre foi…
Dende aqueles primeiros días no Burgo vino moitas outras veces polas rúas compostelanas, sempre a formar parte da miña paisaxe sentimental daqueles anos, a imaxe dun Carlos da man daquel outro homiño e que sempre, sempre, me saudaba, claro, resplandecente, cheo de luz… a pesar de que apenas nos coñecíamos, e de que nin tan sequera sabía o moito que significaba o seu exemplo e a súa estampa de liberdade para min…
Logo cos anos, abandonei a miña estadía compostelana, pero eses días e esas imaxes seguirían para sempre gravadas eternamente no corazón e na memoria… E un bo día, curiosidades do ciberespazo, descubrín o seu fotolog/tuenti/facebook, e pouco máis tarde, conseguín o seu msn (non me preguntedes como, porque tampouco me acordo xD), e pouco máis adiante, comezamos a falar máis en profundidade… O suficiente para saber que é unha gran persoa, e que sigue regalando a súa amabilidade, normalidade e luz a mans cheas… para sempre ficará na miña memoria, esa imaxe del, da man de P., un ano en Bonaval, en festas do barrio de San Pedro de Compos, eu vindo dende a Gentalha, eles na dirección contraria, vindo do barrio, e cruzándonos nun microsegundo… Nese momento, alleo á conversa coa miña amiga, só podía fixarme nesa imaxe del da man do seu mozo, doutro home, oír a súa voz, clara, valiente, resplandecente, dicindo, case cantando, o seu “Ola que tal”, amable, honesto, xeneroso coma el, e adicándome un amplo, branco, resplandecente, case cegador… sorriso.Hoxe que cumpre 31 aniños, adícolle eu un pequeno oco do meu escaso tempo para escribirlle isto, en primeiro lugar fágoo por min mesmo, pola miña memoria e biografía sentimental, e espero que non te moleste a pesar do pouco que nos coñecemos, pero, se se adican webs enteiras a modeliños e “cantamañás” que nunca coñeceremos nin moito menos nos coñecerán, e que non supoñen ningún exemplo para nós, por que non poderei facer o propio con Carlos???

Adícoche esta entrada, esta foto (robada do teu “feisbu” e tomada por outro xornalista), e estas dúas cancións:

Dun amigo de Auria, Dani Alonso, que fai unha versión dun clásico entre os clásicos, Dobarro:
http://www.youtube.com/watch?v=Y-Dzs7ImjUQ

De Joao Afonso, ó que estiven onte mesmo vendo en directo na Praza Maior da nosa pequena gran cidade, dende un sitio de excepción, todo un luxo:
http://www.youtube.com/watch?v=atUTahwSMUc

E xa que falamos de pobos, de normalización e de patrimonio cultural de estes, cómpre escoitar a unha das artistas máis  grandes de tódolos tempos en canto a folk se refire, Mercedes Sosa, na compaña doutra grande, neste caso do folk norteamericano, Joan Baez:

http://www.youtube.com/watch?v=cTZSmuiIHPs

Nesta foto ademais parécecheste moito a min xD:
http://lh3.ggpht.com/_pEgMZVu267E/Spk4hfMQwhI/AAAAAAAABls/U69O8hmCEqM/carlos_as_me.jpg

Sinto se non me expresei con claridade, fodéuseme o ordenador e tiven que empezar outra vez de novo o texto... Abofé que son lento escribindo… E xa se sabe, segundas partes nunca foron boas… Desculpa as faltas de ortografía/gramaticais se as houbese… ?
Algún día espero sacarche a foto eu… sacar esa mirada e sorriso claros, resplandecentes, estourantes de luz… ;)

(traducción al castellano, para los no-galego-falantes:

"Exactamente un mes después, cumple años otra gran persona.

En el principio de TODO estaba Carlos... Después fueron los planetas, las estrellas y el polvo interestelar... No(xD).

Digo que al principio de todo estaba él, al principio de mi existencia "consciente", de mi existencia de hombre "adulto" y responsable, que quizás no es tan adulto ni tan responsable, pero que comezó en esos años a tener los primeros dilemas como tal, los años universitarios, el primer amor no correspondido y los primeros complacidos, las primeras fuertes amistades, el primer compromiso intelectual y político... Entonces comenzaba yo mi etapa universitaria en Compostela, y el primer día, el día que empezó todo, de ese primer año de la nueva era, 2000, él estaba allí, y fue el primero... la primera persona que vi nada más llegar a mi residencia, aquel Burgo das Nacións de mis entretelas... Y puedo decir, sin temor a equivocarme, que "estuve en el cuarto de Carlos Callón". A mí no me satisfacía lo mío (ya entonces comenzaba mi eterna insatisfacción), y un chico ofrecía un cambio, por lo que, ese mismo día primero, toqué a su puerta y tras ella apareció él, todo sonriente, esa boca blanquísima y esa mirada resplandeciente, llena de luz... Regalando su amabilidad, como siempre que lo vi, a completos desconocidos... Me enseñó pacientemente el cuarto, me dijo que me lo pensara, y ése fue mi primer contacto con él, alguien del que desconocía su enorme responsabilidad, a pesar de sus escasos años, como miembro de la MESA (de la Normalización Lingüística), como presidente dos años después. Pero mi contacto no acabó allí, sino que Carlos pasó a formar parte del paisaje físico y sentimental de la vieja y bella Campus Stellae... yo no volví a su cuarto, porque me conformé con el mío (que luego sabría era un MUY BUEN cuarto), pero no tardé en verlo, tres días después, de la mano de su novio, en el comedor de mi residencia... Y me saludó, espetándome un "Hola qué tal" tan descarado, tan espontáneo y tan "normal", con su dentadura tan blanca, con su mirada tan clara y su sonrisa encendida y tan resplandeciente, tan lleno de energía, que parece que te va a explotar en los ojos de tanta luz... Yo nunca había visto a dos hombres agarrados de la mano... Nunca lo había visto, y fue como un "shock" para mí... Desde entonces Carlos es como un referente en mi horizonte biográfico-político-sentimental... Un referente de "normalidad", esa normalidad "fresca", descarada, desafiante a la vez que pacífica, depende de la mirada de quien la esté escrutando... Un referente de "normalización" no sólo en el terreno de nuestra minorizada lengua, sino de las identidades sexuales también minorizadas... Aún me acuerdo de aquel episodio desafortunado en el que Carlos acabó detenido y llevado a comisaría por culpa de dos policías homófobos... No calló, y su denuncia salió en los periódicos... Lo apresaron unas horas tan sólo por ir de la mano de su novio... Por ir de la mano de su novio libre y felizmente, como tantas otras veces lo había visto, por desafiar al mundo con su "normalidade", la de todos, por reivindicarla y hacer uso libre y pleno de ella, sin miedos, sin vergüenzas, claro y resplandeciente como siempre fue... Desde aquellos primeros días en el Burgo lo vi muchas otras veces por las calles compostelanas, siempre formando parte de mi paisaje sentimental de aquellos años, la imagen de un Carlos de la mano de aquel otro hombrecito y que siempre, siempre, me saludaba, claro, resplandeciente, lleno de luz... a pesar de que apenas nos conocíamos, y de que ni tan siquiera sabía lo mucho que significaba su ejemplo y su estampa de libertad para mí...

Luego con los años, abandoné mi estancia compostelana, pero estos días y estas imágenes seguirían para siempre grabados eternamente en el corazón y en la memoria... Y un buen día, curiosidades del ciberespacio, descubrí su fotolog/tuenti/facebook, y poco más tarde, comenzamos a hablar más en profundidad... Lo suficiente para darme cuenta de que es una gran persona, y que sigue regalando su amabilidad, normalidad y luz a manos llenas... para siempre quedará fijada en mi memoria, esa imagen de él, de la mano de P., un año en Bonaval... en las fiestas del barrio de San Pedro de Compos, yo viniendo desde la Gentalha, ellos en dirección contraria, viniendo del barrio, y cruzándonos al fin en un microsegundo... En ese momento, ajeno a la conversación con mi amiga, sólo podía fijarme en esa imagen de él agarrado a su novio, a otro hombre, oír su voz, clara, valiente, resplandeciente, diciendo, casi cantando, su "Hola qué tal", amable, honesto, generoso como él, y dedicándome una amplia, blanca, resplandeciente, casi cegadora... sonrisa.

Hoy que cumple 31 añitos, le dedico yo un pequeño hueco de mi escaso tiempo para escribirle esto, en primer lugar lo hago por mí mismo, por mi memoria y biografía sentimental, y espero que no te moleste a pesar de lo poco que nos conocemos, pero, si se dedican webs enteras a modelillos y "cantamañanas", que nunca conoceremos que nunca conoceremos ni mucho menos nos conocerán, y que no suponen ningún ejemplo para nosotros, por qué no podré hacer lo propio con Carlos???

Siento si no me expresé con claridad, se me jodió el ordenador y tuve que empezar outra vez de nuevo el texto... Te aseguro que soy lento escribiendo... Y ya se sabe, segundas partes nunca fueron buenas... Disculpa las faltas de ortografía/gramaticales si las hubiese... ?
Algún día espero sacarte la foto yo... sacar esa mirada y sonrisa claras, resplandecientes, estallantes de luz... ;)
...")

servido por mozzer 6 comentarios compártelo

6 comentarios · Escribe aquí tu comentario

José Manuel

José Manuel dijo

Lo cierto es que la normalización lingüística debería ser que cada quién hablará el idioma que quisiera, respetando los otros, respetando el gallego, el valenciano, el catalán, el euskera, el asturiano, aunque no esté reconocido, y el propio castellano. Pero no se hace país despreciando cultura, despreciando idioma, se hace país normalizando, y de eso deberían aprender nuestras autoridades.
Debemos agradecerle a personas como Carlos que defienda un idioma maravilloso como es el gallego, un idioma que durante siglos quisieron erradicar y no pudieron, y no podrán hacerlo.
Felicitaciones a Carlos, al escritor, y a todos y cada uno de los que defienden un galego ben falado y con tanta normalidad como cualquier idioma en cualquier parte del planeta.

14 Octubre 2009 | 07:52 AM

santomil

santomil dijo

Muy juicioso tu comentario Jose Manuel

estoy completamente contigo

ningun Idioma merece una guerra

biquiños dunha vella

14 Octubre 2009 | 11:50 AM

Galego de Prol

Galego de Prol dijo

Unha gran persoa, que ademais dalo todo pola defensa do idioma. Parabéns polo precioso artigo, para ti, e parabéns para el. Parabéns para os dous.

4 Noviembre 2009 | 10:09 AM

Sempre en Galiza

Sempre en Galiza dijo

Eu teño a sorte de coñecelo e direi que non podíamos ter un presidente mellor ;)

4 Noviembre 2009 | 10:10 AM

czvwtt

czvwtt dijo

No more words to describe my feelings.

28 Noviembre 2010 | 05:45 PM

wheltw

wheltw dijo

Welcome to see my blogs, there are lots of stories about luxuries.

29 Noviembre 2010 | 01:41 AM

ivvnmg

ivvnmg dijo

Welcome to see my blogs, there are lots of stories about luxuries.

29 Noviembre 2010 | 01:41 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de mozzer

Fifteen minutes with you...

ver perfil »
contacto »
Éste es un blog para románticos e ingenuos, es decir, para lo peorcito de esta sociedad. Sé que quedamos pocos, pero venceremos (aunque sea una victoria poética). Para indecentes, perturbados, ególatras y sociópatas como yo, es decir, los últimos pero los primeros. Éste es también un blog provisional, mientras no maneje todas las posibilidades de la herramienta y mientras no encuentre una ubicación mejor. Esto tiene que ser como una casa, y si no estamos cómodos, nos mudamos...

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera