Publicidad:
La Coctelera

Fifteen minutes with you...

(oh well, I wouldn´t say no)

1 Noviembre 2009

Manifestación histórica

A maior marcha polo galego da Historia

reivindica en Compostela unha maior

presenza do idioma propio na sociedade

Membros de todos os partidos agás o PP, e moitos políticos e representantes da vida social e cultural galega a título particular sumáronse á manifestación que colapsou as rúas da capital galega

Dúas veces encheuse a Quintana dos Mortos da capital de Galiza. Unha estarrecedora marea humana colapsou Santiago de Compostela o 18 de outubro pasado, máis a que ficara fóra da praza e a dos que aínda non remataran de saír da Alameda, punto de partida da manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego, integrada por máis de 400 asociacións e 3.000 particulares para reclamar “o dereito a vivirmos en galego”. O abano de manifestantes incluía non só os sectores nacionalistas e/ou galegofalantes, senón tamén a PSdG (representado máis visiblemente por Manuel Vázquez, líder dos socialistas galegos, e Francisco Caamaño, ministro de Xustiza), sindicatos e múltiplas asociacións, mesmo ecoloxistas, amais de cidadáns bilingües ou monolingües en castelán, cuxa reivindicación común era unha maior presenza e respeto do galego desde as institucións e a protesta contra a política lingüística do presidente autonómico Núñez Feijóo. Mesmo representantes do PPdG, como Rafael Cuiña, fillo de Xosé Cuiña, sumáronse á concentración a título particular. Unha marcha histórica, tanto polo número de participantes –maior que na anterior, do 17 de maio, e que os organizadores estiman en 100.000 persoas-, como pola súa pluralidade ideolóxica, e que percorreu pacificamente as rúas da capital de Galicia, dende a Alameda ata a Quintana, pasando polo Ensanche, o casco histórico e o Vilar.

Tres son os cabalos de batalla sobre os que se dirime o “conflito lingüístico”: a retirada da proba escrita en galego para os exames á función pública; a das subvencións ás traducións ao galego; e, no plano educativo, a supresión das galescolas e o anuncio de derrogación do decreto que garante o 50% do ensino en galego. Segundo Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural galega actualmente, o único que se busca “é a aplicación dos idiomas, do Estatuto de Autonomía e dos consensos aprobados en materia lingüística polo Parlamento galego”, citando como referentes o Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado en 2004 con Núñez Feijóo de vicepresidente, a Lei de Transparencia da Administración e a Carta Europea das Linguas.

 

A manifestación partiu pasadas as 12.15 horas desde a Alameda, e contra as 13.30, cando a cabeza chegou ó final, aínda había xente que non comezara a andar. Os berros de “Obradoiro, Obradoiro” expresaban o desexo latente de trasladar o acto final a estoutra praza, máis grande e con máis capacidade, pero “cuestións técnicas e simbólicas”, como afirmaba Fran Rei, presidente da plataforma e vicepresidente da MESA, impediron que así fose. Este abriu o turno de intervencións, que seguiu coa actriz Patricia Vázquez, o galeguista histórico e presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo –quen protagonizou un momento especial, lembrando o seu amigo Daniel Castelao-, e o músico e comunicador Xurxo Souto, ademais da acendida alegación do presidente da MESA e a interpretación multitudinaria do himno galego.

Este será un punto de inflexión para novas propostas lanzadas desde Queremos Galego. Unha das máis importantes é unha iniciativa lexislativa popular pola garantía dos dereitos lingüísticos, “para demostrarmos que existe unha presión social que defende unha verdadeira convivencia e liberdade idiomática”, e que recollerá firmas por toda Galiza.

_______________

“A forza do noso amor

non vai ser inútil”

Carlos Manuel Callón Torres, presidente da MESA pola Normalización Lingüística

Sereno despois do éxito da convocatoria de Queremos Galego, pero afouto ó mesmo tempo ante as reaccións do goberno da Xunta e as negociacións co secretario de política lingüística que ten desencadeado, Carlos afronta con optimismo renovado o que será o seu terceiro mandato á fronte da asociación que pretende representar e defender os intereses dos galegofalantes.

Antes de nada, cal é a súa sensación despois da manifestación deste domingo?

De esperanza e vitalidade. A lingua galega pode reverdecer a pesar dos enormes ataques que está a padecer nos últimos meses. Na nosa man, na de todas as galegas e galegos, está que sexa así. Ademais, fica demostrado que a situación da lingua galega lle importa a unha parte importante da sociedade, non só cualitativa senón tamén cuantitativamente.

Cre que se fixo manipulación informativa dela por parte da TVG?

Manipulación e silenciamento. Esta foi unha manifestación unitaria, apoiada por 500 organizacións do máis diferente tipo. Aí estivo todo o mundo excepto o PP (aínda que si algúns votantes ou militantes de base desta formación, que rexeitan a política de Núñez Feijóo). No web da TVG pódese ver que só nun día, antes da manifestación, se falou da plataforma Queremos Galego, que foi a que convocou. Antes, nada, a pesar de que esta organizou ducias de eventos en todo o país. Repárese, por exemplo, que o acto de presentación da plataforma tivo eco en case todos os medios de comunicación de ámbito galego, sendo a TVG unha das escasas excepcións.

Que é o que moveu á MESA a crear esta plataforma? Que é por o que está a loitar?

A Mesa impulsou a creación de Queremos Galego porque, perante os ataques que está a padecer a nosa lingua por parte do goberno de Núñez Feijóo, vemos necesaria a existencia dunha estrutura unitaria, tanto pola mensaxe que cómpre transmitir como porque o traballo coordinado pode axudar a superar algunhas das feblezas do movemento asociativo galego. Os resultados desta proposta da Mesa están á vista: o 18 de outubro foi unha das tres principais manifestacións da historia de Galiza.

 

Cre realmente que o galego está en perigo nesta lexislatura?

Coñecémolos polos seus feitos, non pola súa propaganda. Algunhas das primeiras medidas do goberno de Núñez Feijóo foron ataques inxustísimos contra o galego: que o noso idioma careza de axudas para a tradución de libros (é o único de todo o Estado nesta situación, por unha decisión da nova Xunta); o galego deixa de ser un requisito para o acceso a un posto de traballo público (a través dun trámite de urxencia vergoñento que cualificou o noso idioma como barreira); e hai altos cargos autonómicos que presumen de non quereren aprender o galego e se negan a responder neste idioma na TVG; etc., etc., etc. Hai un proceso de desmantelamento da oficialidade do idioma. Mais, por fortuna, a sociedade está a reaccionar.

Por que cre que hai tantos medos nun sector da sociedade galega ó que vostedes demandan como reivindicacións xustas?

Hai moita intoxicación por parte de grupos con moito poder económico, político e mediático, aos cales non lles interesa que Galiza exista como pobo e que senten un profundo desprezo pola diversidade existente no Estado español. Mais estes sectores ven que destruír a lingua galega e o pobo galego non lles é tan fácil como pensaban.

Está a favor da discriminación positiva do galego?

Se non se axuda o debilitado, non se poderá conseguir a igualdade.

Que motivos o levaron a aceptar o cargo de presidente desta institución?

Cando na adolescencia comecei a ler o Sempre en Galiza decateime da importancia de actuar no día a día, de fuxir do testemuñalismo. Que non abondaba con ter unha boa formación intelectual (eu era unha pequena rata de biblioteca) e decatarse dos problemas, senón que o central era trasladar iso á sociedade e actuar nela. Con erros e contradicións, mais actuando. Por iso asumín e asumo diferentes responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística.

Mais que eu sexa a cabeza visíbel non debe levar a engano. Este é un proxecto colectivo, con 3.500 persoas detrás e eu só formo parte dun equipo directivo, no cal me sinto moi cómodo pola súa dedicación, intelixencia e sensibilidade.

Vostede rematou un apaixonado discurso na Quintana cun precioso verso. Pode repetírnolo?

É de Uxío Novoneyra, poeta a quen se lle dedica o próximo Día das Letras, quen sempre que houbo unha causa xusta para defender, sempre que houbo unha manifestación polo noso idioma, sempre estivo aí. “A forza do noso amor non pode ser inútil!”. A pesar da arrogancia, a pesar da prepotencia, a pesar da chulería, a forza do noso amor non vai ser inútil.

 

PEQUENA BIOGRAFÍA: UNHA VIDA ADICADA Á DEFENSA DA LINGUA

Malia a súa xuventude, Carlos Callón xa conta cun amplo currículo ás súas costas, case sempre en relación coa defensa da lingua e a cultura galegas. Carlos Manuel Callón Torres (así é o nome completo), nado en Santa Uxía de Ribeira en 1978, é licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa, e exerce como profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario.

Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia (1997-2002). Pertence á Mesa pola Normalización dende que contaba con 16 anos e, en principio, foi o responsable das zonas de Barbanza e de Muros-Noia e un dos promotores da creación da sección xuvenil da organización. Dende 1995 forma parte da directiva e dende 2002 é o máximo responsable da que presume de ser “a maior asociación cultural de Galicia”, con 3.500 afiliados. É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Así mesmo, en 2008 foi designado presidente do Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minorizadas, cun mandato que finaliza en 2011. Neste ano que contemplou o cambio de goberno na Xunta, el mesmo renovou a presidencia da asociación que dirixe.

No académico, é autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. As súas investigación abranguen autores tan diversos como Rosalía de Castro, Fermín Bouza Brey, Eduardo Blanco Amor, Manuel Curros Enríquez, Xesús Pisón, António Botto, Antón Fortes Torres e Xosé María Álvarez Blázquez, e períodos como a poesía galega medieval. Así mesmo, é autor do libro Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela).

 

Xosé Lois González "o Carrabouxo":

"Estou a defender o meu idioma, eu son galego nacente, galego nacido, galego mamante, galego falante de toda a vida e non estou disposto a que recorten os nosos dereitos, a que me corten a lingua; o ambiente é fastuoso, a xente moi feliz, moi animosa, moi reivindicativa, dá gusto..." (Xosé Lois González O Carrabouxo, debuxante e humorista gráfico)

Carlos Blanco:

"Eu creo que esta é a manifestación pro-aborto do castellano
en Galicia, xa está ben que queiran matar o castellano, no puede ser, hay niños que de aquí a nada no van saber hablar castellano (sic), por eso estamos hoxe eiquí seis millones de personas decentes." (sempre irónico, sempre brillante, Carlos Blanco, actor e monologuista)

Patricia Vázquez, actriz:
"Por primeira vez en toda a historia da autonomía, o Goberno galego non só non está a defender o noso idioma, senón que encabeza o ataque contra o seu uso nos diferentes hábitos, é o primeiro en trinta anos de democracia que non respecta a obriga estatutaria de promover e potenciar o uso da lingua propia do país e garantir os seus usos oficiais..."

Xurxo Souto, músico e comunicador:
"Diríxome moi especialmente á xente nova das cidades, dos barrios de Coruña e Vigo, que ten que soportar tópicos interesados e apriorismos en torno á lingua; Coruña é a cidade onde máis falantes de galego, e tanto en Coruña como Vigo está xurdindo un novo movemento musical en torno ó idioma: como dixo A Matraca Perversa, a nosa historia facémola nós, aínda que a escriban outros, facémola nós!!!"

Avelino Pousa Antelo, galeguista histórico:
"Como dixo Suárez Picallo, se o viva España é pola España que queremos, da democracia, da xustiza, da recuperación e o entendemento, son o primeiro en dicilo, pero se é a España da triste Historia, da lenda negra, da Inquisición e da Inquisición, eu son o primeiro en decir Morra España!; como dixo Castelao, somos galegos por obra e graza do noso idioma!!!"


Fran Rei, vicepresidente da MESA e coordinador de Queremos Galego

"Unha vez máis os galegos e as galegas demostran que cando nos tocan algo tan básico como a lingua, a nosa esencia, respondemos: mentres esteamos aquí dando esta lección de civismo non haberá ningún goberno, veña quen veña, que sexa quen de nos dobregar".

"Esta é a verdadeira manifestación provida! A forza do

noso amor non pode ser inútil. Viva Galiza e viva a lingua galega!". (Carlos Callón, mestre, escritor e presidente da MESA)

 

50.000 persoas, segundo a Policía, e 100.000 segundo a organización colapsaron Santiago da Compostela na maior marcha a prol do galego da Historia:

 

 

E máis de 500 fotos como sempre, de TODOS os aspectos e ángulos, nos seguintes enlaces:

http://picasaweb.google.es/principedelamelancolia1/QueremosGalego#
http://picasaweb.google.es/principedelamelancolia1/QueremosGalegoII#
E unha pequenísima SELECCIÓN aquí:
http://picasaweb.google.es/principedelamelancolia1/QueremosGalegoSeleccion#

 

servido por mozzer 6 comentarios compártelo

6 comentarios · Escribe aquí tu comentario

TERESA santomil gonzalez

TERESA santomil gonzalez dijo

HOLA UN SALUDO, LO LEI TODO

UN ABRAZO, YO NO ESTOY HACIENDO ADELANTOS CON EL GALLEGO

PIERDO FLUIDEZ, SON CINCUENTA Y TANTOS AÑOS SIN HABLARLO

2 Noviembre 2009 | 01:41 AM

mozzer

mozzer dijo

Graciñas, Teresa!!!

Gracias por lerme sempre, e xa é bastante que o intentes ler e tragases todo este tocho... ;)

Unha aperta

2 Noviembre 2009 | 03:03 AM

TERESA santomil gonzalez

TERESA santomil gonzalez dijo

NADA DE TOCHO AMIGO MIO, ESCRIBES MUY BIEN, LO ENTIENDO

DE MARAVILLA, ME APASIONA LEER LAS FOTOS SON BONITAS

DIME, QUE MAS PUEDO PEDIR

ES COMO ESTAR EN LA PLAZA DE LA QUINTANA

MIRANDO UNA VEZ MAS LAS ESCALERAS DE LA CASA

DE LA PARRAN, UN ABRAZO.

2 Noviembre 2009 | 11:25 AM

albixoi

albixoi dijo

Parabéns polo excelente post sobre a multitudinaria manifestación a prol do noso idioma. Para todos os que estivemos alí foi unha recarga moral.

2 Noviembre 2009 | 04:09 PM

Adeline

Adeline dijo

Hola!! bueno, como ya te he dicho nada no tengo mucha idea sobre estos temas y no voy opinar, solo puedo decirte ke me gusta mucho el carrabouxo y lo considero parte de mi vida y de mi infancia jeje, hace muchos años, cuando aun era pequeña, mi padre me regalo un libro bastante gordo por el aniversario del carrabouxo, era todo de historietas suyas y la verdad es ke me encanto, aun lo conservo nuevo de todo.
A mi padre siempre le ha gustado mucho, quizas por eso tb lo considero parte de todo mi crecimiento, y porke no? siempre me ha recordado un poco a el, es un tipico gallego con retranca...
bueno, no se ke mas decir, esto esta kedando un poco absurdo porke seguro ke no tiene nada ke ver con lo ke as escrito, pero keria expandirme un poco en agradecimiento y tal.
Un besiño

3 Noviembre 2009 | 11:27 PM

TERESA santomil gonzalez

TERESA santomil gonzalez dijo

¡ joer,! ¿ que es el carrabouxo ? yo soy del mismo Santiago,

leo a Rosalia y a Valle Inclan y jamas di con esa palabreja

saludos

3 Noviembre 2009 | 11:48 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de mozzer

Fifteen minutes with you...

ver perfil »
contacto »
Éste es un blog para románticos e ingenuos, es decir, para lo peorcito de esta sociedad. Sé que quedamos pocos, pero venceremos (aunque sea una victoria poética). Para indecentes, perturbados, ególatras y sociópatas como yo, es decir, los últimos pero los primeros. Éste es también un blog provisional, mientras no maneje todas las posibilidades de la herramienta y mientras no encuentre una ubicación mejor. Esto tiene que ser como una casa, y si no estamos cómodos, nos mudamos...

Fotos

mozzer todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera