Publicidad:
Terra
La Coctelera

Fifteen minutes with you...

(oh well, I wouldn´t say no)

8 Marzo 2011

De profesión, muller

Unha editora dun xornal que atende o seu neno recén nacido mentres contesta e-mails, maqueta artigos e redacta novas de actualidade. Unha presidenta dunha fundación que adica o tempo libre da súa xubilación á xardinería, a bisutería e ultimamente, a fotografía. Unha profesora e intelectual que ten de aturar o acoso sexual e laboral e, ultimamente, o maltrato físico e psicolóxico da súa familia. Unha nai primeiriza que debe buscar traballo para manter o seu fillo. Unha secretaria dun centro para xente nova que escoita as “cuitas” dos mozos e mozas mentres organiza a toda velocidade exposicións, coloquios e concertos. Mulleres reais e anónimas, amigas, que saco da miña experiencia vital, da vida cotiá. Todas estas mulleres teñen en común que son traballadoras, todas estas traballadoras teñen en común que son mulleres. En todas inflúe positiva ou negativamente, para ben ou para mal, a súa condición de muller, de muller atenta aos detalles, sensible, maternal, agarimosa, feminina ou masculina, valente, pero tamén discriminada, culpabilizada, presionada, acosada, maltratada ou violada por unha sociedade na que ser muller traballadora é aínda un privilexio ou un castigo. Unha sociedade na que as mulleres cobran un 20% menos que os homes pola mesma actividade, no que siguen sen existir as políticas de conciliación da vida doméstica e laboral, no que quedar embarazada se considera aínda un problema máis que un don, un regalo, ou unha esperanza de futuro. Todo o contrario.

Por iso berro, como a Mafalda de Quino que berraba cada vez que había un “Día de...” cunha causa xusta, e adico este día á miña nai, ás miñas amigas e a todas as mulleres traballadoras deste mundo, o que, na maioría dos casos, é dicir unha redundancia, porque ser muller, na maioría dos países e situacións, é xa un traballo.

servido por mozzer 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

fabio

fabio dijo

O dia da Muller teria que ser todo-los dias; pero polo menos haber un día serve para chama-la atención para as moitas desigualdades que aínda existen e dificultan a vida da muller, na familia, na sociedade, no traballo. Hai anos, en Lisboa, lin esta pintada nunha parede preto da minha casa: *Sempre que um homem degrada uma mulher, está a degradar-se a si próprio*

10 Marzo 2011 | 02:21 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de mozzer

Fifteen minutes with you...

ver perfil »
contacto »
Éste es un blog para románticos e ingenuos, es decir, para lo peorcito de esta sociedad. Sé que quedamos pocos, pero venceremos (aunque sea una victoria poética). Para indecentes, perturbados, ególatras y sociópatas como yo, es decir, los últimos pero los primeros. Éste es también un blog provisional, mientras no maneje todas las posibilidades de la herramienta y mientras no encuentre una ubicación mejor. Esto tiene que ser como una casa, y si no estamos cómodos, nos mudamos...

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera